Conversa:Arte da antigüidade
Xa están feitas todas as tarefas pendentes en "Arte da antigüidade"! | |
---|---|
Untitled[editar a fonte]
|
Detalles das contribucións e análise de visitas á páxina. |
Título
[editar a fonte]Cómpre modificar o título do artigo. --Atobar (conversa comigo) 19:06, 28 xuño 2009 (UTC)
Tradución
[editar a fonte]Alguén pode precisas cal é a tradución máis axeitada para o termo castelán "fértil"? Tal vez o "Crecente fértil" do que se fala no artigo non sexa moi aquelado. --Xoacas(Qué me queres, amor?) 21:51, 26 xaneiro 2010 (UTC)
- Poís temos o artigo Crecente Fértil, se hai problema eiqui, tamén no hai no nome do outro artigo ? Elvira (conversa comigo) 18:06, 27 xaneiro 2010 (UTC)
- Dun dic. de sinónimos (Galaxia) copio as posibilidades que dá: fecundo, feraz, frutífero, produtivo, vizoso. No Dic. de Dic. podemos atopar máis: farturento, fartureiro, feraz, ricaz, úbedo. Pero que conste que fértil é perfectamente válido e non sei por que o quere mudar Xoacas, sobre todo se o termo "crecente fértil" xa está acuñado e imposto na literatura, como parece ser.
- Outro temá é o do por que o artigo Crecente Fértil está con maiúscula, cousa que non entendo e que creo que habería que escribir con minúscula. Tampouco entendo que se diga que é unha rexión de Oriente pero logo se inclúa o levante español. Semella un concepto de "Oriente" moi laxo. Pedro --Lameiro (conversa) 18:28, 27 xaneiro 2010 (UTC)
- Eu non atopo máis posibilidades que dúas: ou empregar o termo tal e como foi acuñado polo tal James Henry Breasted, ou ben traducilo ao galego. No primeiro caso, non sei como o chamou ese señor. No segundo, semella que crecente non está en disputa, pero o "fértil" non está en ningún dos dicionarios que menciona Lameiro. Sería bo coñecer algunha forma galega que teña sido empregada xa pero que non entre en conflito co léxico galego, lamentablemente son de ciencias e non controlo. Eu non avogo por mudalo nin por non mudalo, só dubido do termo empregado ata agora, e expreso a miña dúbida. Unha aclaración: o levante ao que se refire non é o levante ibérico, senón o levante mediterráneo (que no fondo eu creo que é a iso ao que se refire o "crecente" ese: se cadra "levante vizoso"?).--Xoacas(Góstache o pemento?) 19:16, 27 xaneiro 2010 (UTC)
- Expliqueime mal, polo visto: fértil sí que aparece como entrada tanto no D. de sinónimos como no D. de diccionarios: eu só copiei os sinónimos que era o que se pedía. Fértil aparece sen marca de dúbida ningunha no VOLGa, no Dicionario da RAG, no Xerais. Se queres sigo mirando máis, pero supoño que aparecerá en todos. Retiro a miña extrañeza sobre o "Levante": dinlle erroneamente a acepción máis cercana. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 19:25, 27 xaneiro 2010 (UTC)
- O tema queda aclarado, e o meu vocabulario enriquecido. Gracias a todos. --Xoacas(Góstache o pemento?) 19:40, 27 xaneiro 2010 (UTC)
- Velaquí textos en galego que usan unhas Crecente Fértil e outras crecente fértil para falar da rexión historica do Próximo Oriente :
- Crecente Fértil : Texto da Conselleria de Educación da Xunta, [1], [2], [3], [4], [5], [6], [7], [8]
- crecente fértil : [9], [10],
- Fértil Crecente : [11].
- Non sei ata que punto esto pode axudar para avaliar Crecente Fértil, só comproba o seu uso. Elvira (conversa comigo) 03:46, 29 xaneiro 2010 (UTC)
- O de Levante refírese ao levante do Próximo Oriente, é dicir a zona onde se atopan hoxe Israel, Xordania, Líbano e Siria. É un termo usado en Historia Antiga para referirse a esa zona. Non ten nada que ver con Valencia neste caso.--Miguelferig 18:40, 7 de xaneiro de 2012 (UTC)
- Velaquí textos en galego que usan unhas Crecente Fértil e outras crecente fértil para falar da rexión historica do Próximo Oriente :
Homónimos
[editar a fonte]Quitei tódolos enlaces a homónimos que puiden. Quedan uns poucos, normalmente porque non teñen aínda artigo creado. Hai dous casos máis graves:
- Cristo crucificado: que é un artigo, breve pero artigo, e ao tempo, unha páxina de desambiguación.
- Pazo: redirixido desde palacio, só leva a pazo entenddido como casa solariega rural galega, entón entras nun bucle que en ningún momento te deixa chegar aos grandes edificios de reis e nobles...
--Angeldomcer 19:59, 11 de decembro de 2011 (UTC)
- O caso de Cristo crucificado creo que pode estar xa resolto (suprimo o marcador de homónimos e convírtoo nun artigo, breve). O do Pazo é outro cantar, xa que non me parece correcto que Palacio redirixa a pazo. Creo que se debería convertir nun Palacio (arquitectura) que baixo a sección de "Outros artigos" dirixa ós distintos palacios que temos (reais, nobres, de deportes...). Pedro --Lameiro (conversa) 19:35, 7 de xaneiro de 2012 (UTC)
Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)
[editar a fonte]Ola compañeiros editores,
Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Arte da antigüidade. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20081211012829/http://www.isftic.mepsyd.es/w3/eos/MaterialesEducativos/bachillerato/arte/arte/x-antigu/gre-poli.htm á ligazón http://www.isftic.mepsyd.es/w3/eos/MaterialesEducativos/bachillerato/arte/arte/x-antigu/gre-poli.htm
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20080914025557/http://www.artehistoria.jcyl.es/ á ligazón http://www.artehistoria.jcyl.es/
Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.
Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 22 de agosto de 2018 ás 08:10 (UTC)